sábado, 23 de abril de 2022

COTOS DISPONIBLES MAYO 2022

 LOS COTOS DISPONIBLES MAYO 2022 SON:

DIA   1         1    COTO

DIA   4         4     COTOS

DIA   5         7     COTOS SIN MUERTE          

DIA   6         3     COTOS

DIA   7         3    COTO

DIA   8         1   COTOS

DIA   10       1    COTOS

DIA   11        4   COTOS

DIA   12        7   COTOS SIN MUERTE

DIA   13        2   COTOS          

DIA   17        5   COTOS

DIA   18        7   COTOS

DIA   19        7   COTOS SIN MUERTE

DIA   20        4   COTOS

DIA   21        3   COTOS

DIA   22        10  COTOS

DIA   24        5    COTOS

DIA   25        7    COTOS

DIA   26        7    COTOS SIN MUERTE

DIA   27        4    COTOS

DIA   28       5    COTOS              

DIA   29      SOCIAL PEIXE ( 24 COTOS)

DIA   31        7    COTOS

LOS COTOS PODRAN RETIRARSE A PARTIR DEL  23 ABRIL 2022 EN EL BAR ARCOIRIS BANDE.

sábado, 2 de abril de 2022

OPEN SALMONIDOS MOSCA RIO LIMIA 2022

 


OPEN SALMONIDOS MOSCA RIO LIMIA COTO PONTELIÑARES 2022








PROGRAMA  OPEN RIO LIMIA SALMONIDOS MOSCA 30 ABRIL 2022

07:00 horas Recepción  e almorzó (café e croissant) dos participantes no BAR ARCOIRIS , RUA GENERAL FRANCO 13, BANDE (OURENSE).

Sorteo de dorsais e entrega de documentación

08:30 “ Inicio da 1ª manga

10:30 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.

11:15 “ Inicio segunda fase

13:15 “ Fin da 1ª manga.

 PAUSA  , COMIDA NA ZOA DO REFUXIO DE PESCA.

15:15 “ Inicio da 2ª manga

17:15 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.

18:00 “ Inicio segunda fase

20:00 “ Fin da competición.

20:00 a 20,45 Entrega de plicas  

CEA , ENTREGA DE TROFEOS, AGASALLOS E SORTEO  NO RESTAURANTE.

BASES

O deportista, só poderá ter unha cana en acción de pesca. Non obstante,

poderá dispoñer dunha ou máis canas de reposto.

Para a extracción da captura e a súa posterior presentación ao control, deberá

facer uso dun redefol ou trueiro, cuxa lonxitude totalmente estendida non

supere os 122 cm. A rede desta, deberá ser de algodón ou outro material non

abrasivo.

.

A adxudicación dos tramos farase por sorteo, feito en tempo e forma, para

garantir a chegada a tempo, para o inicio da proba, de tódolos deportistas aos

seus respectivos tramos.

A reunión do Pescador co control farase xunto á táboa que sinale o inicio do

tramo, augas abaixo.

Serán válidas tódalas capturas. Aquelas que acaden un tamaño igual ou

inferior aos 16 cm, medidos dende a punta do fociño ata a punta do rabo,

contabilizarán coma de 16 cm. As capturas que midan máis de 16 cm e non

superen os 17 computarán coma de 17 cm. Os exemplares de máis de 17 cm e

que non superen os 18 puntuarán coma de 18 cm. E así sucesivamente.

Material permitido:

- Canas. Libres, de uso comercial, cuxa lonxitude non exceda de 366 cm. (12

pes).

- Carretes. De uso opcional sexa manual ou automático, de bobina xiratoria.

- Liñas. Cola de rata de calquera composición ou forma das habituais do

mercado, cunha lonxitude mínima de 22 metros e cun diámetro mínimo de

0,55 mm incluíndo o recubrimento.

- Baixos de Liña. Sinxelos, de lonxitude como máximo dúas veces a lonxitude

da cana, anoados ou sen nós, e cónicos ou cilíndricos. Non se poderán engadir

ao baixo de liña mecanismos de afundimento ou flotación. Os baixos de liña

non poden ter elementos adicionais adheridos ao mesmo distintos aos codais

que soporten os reclamos. Estes codais deberán ir fixados ao baixo de liña,

anoados ao mesmo ou mediante micro argolas ríxidas sen sobrante algún, e

deberán ter una lonxitude mínima de 5 cm. dende o baixo de liña ata a argola

ou paleta do reclamo empregado (mosca, streamer, etc…). Os codais dos

reclamos fixaranse ao baixo de liña de modo que non poidan deslizarse ao

longo do mesmo.

 

Permítese:

- O uso de liñas flotantes e de afundimento

- O final da liña o uso dunha lazada para conectalo baixo de liña.

- As moscas lastradas, sempre e cando o lastre quede oculto polo

revestimento, que debe imitar algunha parte morfolóxica, ou formar parte

da súa propia estrutura. O revestimento por pintura non se considera

como tal.

- Unha única perla ou boliña visible no anzol. A dimensión máxima desa

perla non pode exceder dos 4 mm.

- Un máximo de tres moscas: Cando se empregue mais dunha, a

distancia mínima entre moscas será de 50 centímetros, medidos cando

estas penduren libremente.

- O uso de “streamer” e as moscas artificiais flotantes ou afundidas que

imiten calquera das fases do ciclo vital do insecto imitado (larva, ninfa,

sub-imago e imago), montadas sobre anzois simples.

Non se permite

- As cabezas disparadoras ou lanzadoras.

- Engadir pesos e dispositivos ou materias flotantes ás liñas de pesca

nin indicadores de picada.

- O uso de liñas de corpo chumbado.

- O uso de imitacións que desprendan colorantes ou olores.

- Os anzois con arponciño ou lingüeta. Son válidos os anzois que teñan

totalmente inutilizado o arponciño ou lingüeta, de modo que non ofrezan

resistencia algunha á retirada.

Ao longo da proba, calquera control pode pedir o exame dos aparellos de

pesca dun deportista.

O deportista que non se presente, ou abandone a proba ou a acción de pesca,

antes da hora oficial, perderá o seu dereito á clasificación e a continuar na

proba.

Para calquera outra norma non descrita nestas bases aterémonos ao

regulamento da FEPYC.

Para que esta competición se desenvolva é imperativo que haxa unha

participación mínima de 12 deportistas.

A capacidade do escenario quedou establecida en 24 deportistas (12 tramos).

Para participar será imprescindible ter a tarxeta federativa do ano en curso e

licenza de pesca fluvial en vigor.

Queda terminantemente prohibido o consumo de tabaco no transcurso de

todo o campeonato dende a entrada aos postos ata o final da proba, establecéndose as

correspondentes sancións, se é o caso, para quen as incumpra.


Alterar ou entorpecer o normal desenvolvemento da proba será motivo de

expulsión inmediata da mesma.

A CUOTA DO CAMPEONATO E DE 50 EUROS POR PESCADOR E SERAN INGRESADOS NA CONTA DO CLUBE  O PEIXE  SANTANDER   ES31  0049  6762  17  251  6090371 INDICANDO O CONCEPTO “OPEN LIMIA 2022” E MANDANDO  XUSTIFICANTE  VIA  WASSAP  XUNTO  CO CERTIFICADO  COVID  AO  NUMERO 660392859.CENA ACOMPAÑANTE 20 EUROS.

O CONCELLO DE BANDE PON A DISPOSICION DOS PARTICIPANTES OITO HABITACIONS DOBLES E TAMEN ZOA DE LITERAS NO ALBERGUE DE BANDE ( DENDE AS 13.00 HORAS DO DIA 29 DE ABRIL 2022 E PERNOCTACION DO 29); ESTA OPCION TAMEN DEBESE RESERVAR E SERAN ADXUDICADAS POR ORDE DE INSCRIPCION.

OS PARTICIPANTES SERAN INSCRITOS POR ORDEN DE INGESO ATA CHEGAR AO LIMITE DE INSCRIPCIONS OU ATA O DIA 20 DE ABRIL DO 2022.

Inscribirse nesta competición significa aceptar ser incluído no grupo de wassap da mesma sen solicitude previa de autorización.