martes, 4 de junio de 2019




       I CAMPIONATO CAMPEONATO POR PARELLAS  SALMÓNIDOS MOSCA

                                           COUTO DE  PONTELIÑARES RIO LIMIA 27 -XULIO-2019                                    



PROGRAMA



DOMINGO 27 XULIO 2019



07:30 horas      Concentración dos participantes no BAR PORTELIÑA(BANDE)    Sorteo de dorsais e entrega de documentación 



09:00      Inicio da 1ª manga

11:00               Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.

 11:45               Inicio segunda fase

13:45                    Fin da 1ª manga.



14:00                          Concentración e xantar

 15:45                            Inicio da 2ª manga

17:45    “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.

 18:30                 Inicio segunda fase   

 20:30          Fin da segunda fase



20:30 a 21:15        Entrega de plicas             

 22:30 a 24:30      Cena y entrega de trofeos



BASES



BASES




1) O deportista, calquera que sexa a subespecialidade obxecto da competición, só poderá ter unha cana en acción de pesca. Non obstante, poderá dispoñer dunha ou máis canas de  reposto. 

2)  Para a extracción da captura e a súa posterior presentación ó control, deberá facer uso dun redefol ou trueiro, cuxa lonxitude totalmente estendida non supere os 122 cm. A rede desta, deberá ser de algodón ou outro material non abrasivo. .  

3)  A adxudicación dos tramos farase por sorteo, feito en tempo e forma, para garantir a chegada a tempo, para o inicio da proba, de tódolos deportistas ós seus respectivos tramos.   

4) A reunión do Pescador co  control farase xunto á táboa que sinale o  inicio do tramo, augas abaixo.  

5) Serán capturas válidas aquelas que acaden un tamaño igual ou superior aos 16 cm; medidos dende a punta do fociño ata a punta do rabo.

6) Material permitido:

1. Canas. Libres, de uso comercial, cuxa lonxitude non exceda de 366 cm. (12        pes).  2. Carretes. De uso opcional   sexa manual ou automático, de bobina  xiratoria.  3. Liñas. Cola de rata de calquera composición ou forma das habituais do mercado, cunha lonxitude  mínima de 22 metros e cun diametro minimo de 0,55 mm incluindo o recubrimento.        
   Permítese:   

            a) O uso de liñas flotantes e de afundimento              b) O final da liña unha lazada para conetalo baixo de liña Non se permite:                a) As cabezas disparadoras ou lanzadoras.   b) Engadir pesos e dispositivos ou materias flotantes ás liñas de pesca        nin indicadores de picada.  c) O uso de liñas de corpo plomado. 



4. Baixos de Liña. Sinxelos, de lonxitude como máximo duas veces a lonxitude  da cana, anoados ou sen nós, e cónicos ou cilíndricos. Non se poderán engadir ó baixo de liña mecanismos de afundimento ou flotación. Os baixos de liña non poden ter elementos adicionais adheridos ó mesmo distintos ós codais que soporten os reclamos. Estes codais deberán ir fixados ó baixo de liña, anoados ó mesmo ou mediante micro argolas rixidas sen sobrante algún, e deberán ter una lonxitude mínima de 5 cm. dende o baixo de liña ata a argola ou paleta do reclamo empregado (mosca, streamer, etc…). Os codais dos reclamos  fixaranse ó baixo de liña de modo que non poidan deslizarse ó longo do mesmo. 



5. Cebos (Moscas). Autorizanse o “streamer” e as moscas artificiais flotantes ou afundidas que imiten calquera das fases do ciclo vital do insecto imitado (larva, ninfa, sub-imago e imago), montadas sobre anzois simples.  

 Permítense:  

               a)  As moscas lastradas, sempre e cando o lastre quede oculto polo revestimento, que debe imitar algunha parte morfolóxica, ou formar parte da sua propia estrutura. O revestimento por pintura non se considera como tal.  Autorizase unha única perla ou boliña  visible cuxa dimensión máxima non exceda de 4 mm.                 b) Un máximo de tres moscas: Cando se empregue mais dunha, a distancia mínima entre moscas será de 50 centímetros, medidos cando estas colguen libremente.     

          Non se permite:  

             a) As que desprendan colorantes ou olores.   b) O anzol con arponciño ou lengüeta. Son válidos os anzois que teñan totalmente inutilizado o arponciño ou lengüeta, de modo que non ofrezan resistencia algunha á retirada do anzol.

7) Ó longo da proba, calquera control pode pedir o exame dos aparellos de pesca dun deportista.   

8) O deportista que non se presente, ou abandone a proba ou a acción de pesca, antes da hora oficial, perderá o seu dereito á clasificación e a continuar na proba.   

9) Para calquera outra norma non descrita anteriormente aterémonos ó regulamento da FEPYC.

10) Serán capturas válidas as pezas de 16 cms. ou mais, medidas dende o extremo
da boca ate a punta da cola.
11) Data linde da inscrición o 7 de JULIO de 2019.
CLASIFICACIÓN
A clasificación farase de forma individual en cada unha das dúas mangas, sumando os
postos obtidos aos da súa parella, facendo así unha clasificación dos dúos por mangas.
EXEMPLO: O dúo formado polo pescador 1 e o pescador 2
O pescador 1 na primeira manga fai un posto 10 na clasificación individual.
O pescador 2 na primeira manga fai un posto 7 na clasificación individual.
Polo tanto na primeira manga o dúo tería 17 puntos (10+7). Facéndose tamén así na
segunda manga.
Da suma dos puntos do dúo nas dúas mangas sairá a clasificación final ordenándose os
puntos de menor a maior.
En caso de empate, desempatarase: primeiro polo número de capturas, despois pola
captura máis grande e, de persistir o empate, polo número de dorsal máis baixo.

12) O prezo da inscripción por deportista será de 50€, que deberán ser aboados na conta do clube O PEIXE :ES31 0049 6762  1725 1609 0371 , antes da inscrición, na cal haberá que adxuntar  o xustificante bancario do seu pagamento

TELEFONO DE CONTACTO :630783398

No hay comentarios: