viernes, 11 de julio de 2025

SENTENCIA CONTAMINACIÓN EMBALSE AS CONCHAS

 




𝐀 𝐗𝐮𝐬𝐭𝐢𝐳𝐚 𝐬𝐞𝐧𝐭𝐞𝐧𝐳𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐚 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐞 𝐚 𝐂𝐇𝐌𝐒 𝐢𝐧𝐜𝐮𝐦𝐩𝐫𝐢𝐫𝐨𝐧 𝐚𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐟𝐮𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐢𝐚𝐧𝐭𝐞 𝐝𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚𝐦𝐢𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐧𝐚 𝐋𝐢𝐦𝐢𝐚 𝐝𝐞𝐬𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟏𝟏


𝐂𝐨𝐧𝐝𝐞𝐧𝐚 𝐚́𝐬 𝐀𝐝𝐦𝐢𝐧𝐢𝐬𝐭𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐚 𝐚𝐝𝐨𝐩𝐭𝐚𝐫 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐝𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐫 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐚 𝐝𝐞𝐠𝐫𝐚𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐦𝐛𝐢𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐞 𝐠𝐚𝐫𝐚𝐧𝐭𝐢𝐫 𝐨 𝐚𝐛𝐚𝐬𝐭𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐮𝐠𝐚 𝐚́ 𝐩𝐨𝐛𝐨𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧.


Desde a plataforma Auga Limpa Xa subliñamos que a sentenza emitida hoxe polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza pola demanda de vulneración do dereito humano á auga dos habitantes das comarcas de A Limia e Baixa Limia establece un antes e un despois na loita dos colectivos veciñais, ecoloxistas e da comunidade científica contra a contaminación das nosas augas polo complexo gandeiro industrial e contra a inacción das Administracións, así como unha oportunidade de camiñar cara a unha solución do problema, que levará anos, mais para o que parece que era imprescindible un recoñecemento rotundo desde a Xustiza da orixe e dimensións da contaminación, ademais de sinalar responsabilidades e impoñer multas.


As agresións ao noso medio non só afectan a fauna, a flora, os solos, o ar ou a paisaxe, tamén teñen impactos sobre a saúde das persoas, e este, desde o principio, foi un caso de saúde pública, unha alerta que hai máis de tres lustros lanzamos desde os movementos ecoloxistas.


A sentenza sinala como "responsables de la situación creada" á Xunta de Galiza e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS). Á Xunta por infrinxir preceptos de salvagarda de "calidad de las aguas subterráneas; normas adicionales sobre protección del medio ambiente, y en materia de sanidad, la cual permitió un incremento excesivo en una comarca como A Limia de macrogranjas". Á CHMS por inacción "ante un hecho constatable del empeoramiento de la calidad de las aguas desde el año 2011 debiera realizar las actuaciones pertinentes a los efectos estructurales contra la proliferación de las autorizaciones de las macrogranjas". Os maxistrados lembran ademais que a CHMS é responsable en canto que "era palmario dado que la población es escasa y la cabaña ganadera es asimilable a la de una gran ciudad en cuanto al nivel de residuos situación que era conocedora al intervenir en los procesos de autorización en los que el proyecto ya advierte de las toneladas de residuos y su posterior uso". 


A sentenza declara probado que a vulneración de dereitos "está provocada por la inactividad de las ministraciones Públicas demandadas, que pese a conocer la situación y estar legalmente obligadas a ello, no han sido capaces de poner remedio alguno", e determina que Xunta e CHMS adopten "inmediatamente cuantas medidas sean necesarias para que cesen los olores y la degradación ambiental del embalse de As Conchas y su entorno".


Ademais, condena a Xunta e CHMS a adoptar "inmediatamente cuantas medidas sean necesarias para garantizar el abastecimiento de agua potable limpia, segura y libre de microorganismos y sustancias químicas que constituyan una amenaza para la salud de las personas".


E, por último, condena ás administracións demandadas a "indemnizar a cada uno de los mandantes con una cantidad mensual de mil euros desde la fecha de presentación de la reclamación inicial (...) y hasta que no se produzca el cese definitivo de la injerencia en los derechos fundamentales invocados". 


Auga Limpa Xa ten previsto desenvolver mesas informativas nas feiras de Lobios (este domingo) e Xinzo (o luns) para explicar á veciñanza os fundamentos da demanda e as posibilidades que se abren para empezar a traballar contra a contaminación.


Nota de prensa de AUGA LIMPA XA!

Xinzo de Limia, 11 de xuño de 2025

#TSXG #sentenza #contaminación #AsConchas #Limia Reserva da Biosfera Transfronteiriça Gerês-Xurés Movemento Ecoloxista da Limia Amigas da Terra ClientEarth Asociación Ecoloxista ADEGA Asociación " Petón Do Lobo"