viernes, 15 de enero de 2010

ASAMBLEA 13 MARZO

ASAMBLEA DO CLUBE DE PESCA O PEIXE





Estimado socio:

Como todo-los anos , próximamente imos celebrar a Asamblea Xeral do clube
Po-lo que pasamos a informaros dos puntos que se van tratar(na volta da folla)


Como sempre participamos nos campionatos oficiales organizados po-la federación con diferentes resultados e tamén organizamos varios campionatos sociais, nos que,como sabedes podedes participar todos.O último domingo de agosto celebramos un campionato no embalse das conchas ,en recordo a Castor Justo,tristemente fallecido,
Un bo pescador e mellor amigo, que participou activamente na creación do clube e en todos aqueles traballos que poido.Temos pensado seguir mantendo esa data, último domingo de Agosto, para xuntarnos, pescar un pouco e comer xuntos, para acordarnos dil e de outros que nos van deixando.
Coidamos que a tempada 2009 foi bastante boa e recordamos a todo­los socios , a obriga de devolver, a poder ser cuberto, o permiso de pesca.Sabedes que Medio Ambiente asi o exixe.
No noso blog están as datas dos campionatos sociais para iste ano 2010
E vamos pondo todas aquelas noticias importantes para o clube.

Ainda no están confirmados po-la Xunta.
Nas datas dos campionatos solamente haberá permisos de pesca para os participantes nos mesmos.
A cota para o vindeiro ano 2008 seguirá sendo de 50,00 euros
Os novos socios seguirán tendo que pagar 100,00 euros.
Como sempre ,para poder participar no sorteo de permisos de pesca para os primeiros dias da tempada, haberá que ter feito o ingreso na conta do clube, antes do día 01 de marzo do 2010.
NUMERO DE CONTA : 0049­6762­17­251­6090371
no BANCO SANTANDER­ OURENSE.
A asamblea ordinaria do clube será o día 13 de marzo as 18.30 horas en 1ª.convocatoria e as 19.00 horas en 2ª convocatorio.
(no reverso da carta vai o temario que se vai tratar)
Despois da asamblea tendremos unha cea de confraternización.Prégase confirmen a asistencia antes do día 6 de marzo, nos telefónos: 639.457.357 ­ Ricardo 607.42.98.52 ­ jose





ASAMBLEA ORDINARIA DO CLUBE DE PESCA O PEIXE

**********************************************************************
1­Lectura da acta anterior.

2­Contas.Exposición e aprobación si procede.

3­Traballos :
Traballos feitos no 2009: Traballos previstos 2010 :

Limpeza das pistas de acceso Limpeza pistas accesos
Limpeza das marxes Limpeza marxes
Recollida de lixo Recollida lixo
Colocación sinais
Manteñemento frezadeiros
Manteñemento ponte/refuxio


4- Elección, de ser posible, de unha persoa ,mellor de Bande ou alrededores
para poder estar en contacto mais directo co Concello ou para poder controlar algo
no couto.Os que estén interesados poden decirllo a directiva.


5­Rogos e preguntas.



**********************************************************************
O remate da asamblea sortearánse os permisos de pesca(3) para os primeiros días da próxima tempada(s.e.u.o. a tempada empeza o terceiro domingo de marzo)
Os permisos entregaránse o 20 de marzo no Refuxio de Ponte Liñares, de paso que se aproveita para vaciar os contenedores de lixo e limpar algo .
Se algún socio ten previsto non estar presente na asamblea do clube, POR UN MOTIVO XUSTIFICADO, deberá comunicarllo o clube , por carta, antes da data da asamblea e nombrar na mesma un representante que poida solicitar os días para el.
O representante deberá ser socio do clube.


A dirección do clube para os comunicados por carta e a seguinte:


CLUBE DE PESCA O PEIXE
Rua Alvaro Cunqueiro 5-3ºG
32005 OURENSE