PROGRAMA OPEN RIO LIMIA SALMONIDOS MOSCA 30 ABRIL 2022
07:00 horas Recepción
e almorzó (café e croissant) dos participantes no BAR ARCOIRIS , RUA
GENERAL FRANCO 13, BANDE (OURENSE).
Sorteo de dorsais e entrega de documentación
08:30 “ Inicio da 1ª manga
10:30 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e
control.
11:15 “ Inicio segunda fase
13:15 “ Fin da 1ª manga.
PAUSA , COMIDA NA ZOA DO REFUXIO DE PESCA.
15:15 “ Inicio da 2ª manga
17:15 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e
control.
18:00 “ Inicio segunda fase
20:00 “ Fin da competición.
20:00 a 20,45 Entrega de plicas
CEA , ENTREGA DE TROFEOS, AGASALLOS E SORTEO NO RESTAURANTE.
BASES
O deportista, só poderá ter unha cana en acción de pesca.
Non obstante,
poderá dispoñer dunha ou máis canas de reposto.
Para a extracción da captura e a súa posterior presentación
ao control, deberá
facer uso dun redefol ou trueiro, cuxa lonxitude totalmente
estendida non
supere os 122 cm. A rede desta, deberá ser de algodón ou
outro material non
abrasivo.
.
A adxudicación dos tramos farase por sorteo, feito en tempo
e forma, para
garantir a chegada a tempo, para o inicio da proba, de
tódolos deportistas aos
seus respectivos tramos.
A reunión do Pescador co control farase xunto á táboa que
sinale o inicio do
tramo, augas abaixo.
Serán válidas tódalas capturas. Aquelas que acaden un tamaño
igual ou
inferior aos 16 cm, medidos dende a punta do fociño ata a
punta do rabo,
contabilizarán coma de 16 cm. As capturas que midan máis de
16 cm e non
superen os 17 computarán coma de 17 cm. Os exemplares de
máis de 17 cm e
que non superen os 18 puntuarán coma de 18 cm. E así
sucesivamente.
Material permitido:
- Canas. Libres, de uso comercial, cuxa lonxitude non exceda
de 366 cm. (12
pes).
- Carretes. De uso opcional sexa manual ou automático, de
bobina xiratoria.
- Liñas. Cola de rata de calquera composición ou forma das
habituais do
mercado, cunha lonxitude mínima de 22 metros e cun diámetro
mínimo de
0,55 mm incluíndo o recubrimento.
- Baixos de Liña. Sinxelos, de lonxitude como máximo dúas
veces a lonxitude
da cana, anoados ou sen nós, e cónicos ou cilíndricos. Non
se poderán engadir
ao baixo de liña mecanismos de afundimento ou flotación. Os
baixos de liña
non poden ter elementos adicionais adheridos ao mesmo
distintos aos codais
que soporten os reclamos. Estes codais deberán ir fixados ao
baixo de liña,
anoados ao mesmo ou mediante micro argolas ríxidas sen
sobrante algún, e
deberán ter una lonxitude mínima de 5 cm. dende o baixo de
liña ata a argola
ou paleta do reclamo empregado (mosca, streamer, etc…). Os
codais dos
reclamos fixaranse ao baixo de liña de modo que non poidan
deslizarse ao
longo do mesmo.
Permítese:
- O uso de liñas flotantes e de afundimento
- O final da liña o uso dunha lazada para conectalo baixo de
liña.
- As moscas lastradas, sempre e cando o lastre quede oculto
polo
revestimento, que debe imitar algunha parte morfolóxica, ou
formar parte
da súa propia estrutura. O revestimento por pintura non se
considera
como tal.
- Unha única perla ou boliña visible no anzol. A dimensión
máxima desa
perla non pode exceder dos 4 mm.
- Un máximo de tres moscas: Cando se empregue mais dunha, a
distancia mínima entre moscas será de 50 centímetros,
medidos cando
estas penduren libremente.
- O uso de “streamer” e as moscas artificiais flotantes ou
afundidas que
imiten calquera das fases do ciclo vital do insecto imitado
(larva, ninfa,
sub-imago e imago), montadas sobre anzois simples.
Non se permite
- As cabezas disparadoras ou lanzadoras.
- Engadir pesos e dispositivos ou materias flotantes ás liñas
de pesca
nin indicadores de picada.
- O uso de liñas de corpo chumbado.
- O uso de imitacións que desprendan colorantes ou olores.
- Os anzois con arponciño ou lingüeta. Son válidos os anzois
que teñan
totalmente inutilizado o arponciño ou lingüeta, de modo que
non ofrezan
resistencia algunha á retirada.
Ao longo da proba, calquera control pode pedir o exame dos
aparellos de
pesca dun deportista.
O deportista que non se presente, ou abandone a proba ou a
acción de pesca,
antes da hora oficial, perderá o seu dereito á clasificación
e a continuar na
proba.
Para calquera outra norma non descrita nestas bases
aterémonos ao
regulamento da FEPYC.
Para que esta competición se desenvolva é imperativo que
haxa unha
participación mínima de 12 deportistas.
A capacidade do escenario quedou establecida en 24
deportistas (12 tramos).
Para participar será imprescindible ter a tarxeta federativa
do ano en curso e
licenza de pesca fluvial en vigor.
Queda terminantemente prohibido o consumo de tabaco no
transcurso de
todo o campeonato dende a entrada aos postos ata o final da
proba, establecéndose as
correspondentes sancións, se é o caso, para quen as
incumpra.
Alterar ou entorpecer o normal desenvolvemento da proba será
motivo de
expulsión inmediata da mesma.
A CUOTA DO CAMPEONATO E DE 50 EUROS POR PESCADOR E SERAN
INGRESADOS NA CONTA DO CLUBE O PEIXE SANTANDER
ES31 0049
6762 17 251
6090371 INDICANDO O CONCEPTO “OPEN LIMIA 2022” E MANDANDO XUSTIFICANTE VIA WASSAP XUNTO CO CERTIFICADO COVID AO NUMERO 660392859.CENA ACOMPAÑANTE 20 EUROS.
O CONCELLO DE BANDE PON A DISPOSICION DOS PARTICIPANTES OITO HABITACIONS DOBLES E TAMEN ZOA DE LITERAS NO ALBERGUE DE BANDE ( DENDE AS 13.00 HORAS DO DIA 29 DE ABRIL 2022 E PERNOCTACION DO 29); ESTA OPCION TAMEN DEBESE RESERVAR E SERAN ADXUDICADAS POR ORDE DE INSCRIPCION.
OS PARTICIPANTES SERAN INSCRITOS POR ORDEN DE INGESO ATA
CHEGAR AO LIMITE DE INSCRIPCIONS OU ATA O DIA 20 DE ABRIL DO 2022.
Inscribirse nesta competición significa aceptar ser incluído no grupo de wassap da mesma sen solicitude previa de autorización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario